Acción piloto de apoio ao deseño para 25 pemes

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) está a participar como socio no proxecto europeo USER_FACTOR “Design for user-driven innovation”, cofinanciado polo programa Interreg Espazo Atlántico. Este proxecto pretende fortalecer a innovación nas pequenas e medianas empresas axudándoas no uso do deseño como unha ferramenta para a innovación dirixida polo usuario.

No marco deste proxecto GAIN ven de lanzar unha acción piloto de apoio a PEMEs para o desenvolvemento de novos produtos e servicios innovadores mediante o uso de ferramentas de deseño centrado no usuario. Este piloto ten como obxectivo achegar a 25 PEMEs galegas a metodoloxía do deseño, para que consigan adaptarse do xeito máis áxil posible ao novo contexto e ás necesidades que demandan os seus clientes.

Nesta ligazón poderá obter información máis detallada do piloto e das súas fases (pdf).

Participación na acción piloto

As empresas deberán cumprir os seguintes requisitos:

Para solicitar a participación é preciso cumprimentar o formulario de solicitude.

Prazo

As empresas poderán presentar as súas solicitudes ata o 31 de maio de 2019.

Selección de empresas

Unha comisión formada por 1 director/a de área, 1 xefe/a de servizo e 2 técnicos de GAIN, realizará unha valoración das solicitudes recibidas conforme aos seguintes criterios:

  • Motivación. Máximo 5 puntos
  • Equipo implicado. Máximo 5 puntos
    • +0.1 por cada técnico implicado
    • +0.5 por cada director de área implicado
    • +1 alta dirección: CEO ou xerente
  • Viabilidade do reto plantexado. Máximo 5 puntos

Poderán participar na acción piloto as empresas que obteñan as puntuacións máis altas. Como máximo seleccionaranse 13 empresas para o paquete de servizos e 12 empresas no paquete de produto. En caso de empate nas puntuacións darase prioridade segundo a orde de entrada das solicitudes.

Os resultados da selección comunicaranse por correo electrónico nun prazo máximo dun mes dende a data de peche de presentación de solicitudes.

Para máis información contactar con centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 337 113




Nota: enténdese por microempresa aquela que ocupa menos de 10 persoas e o seu volume de negocios anual ou o seu balance xeral non supere os 2 millóns de euros; pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocios anual ou o seu balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; e mediana empresa a que ocupa máis de 50 persoas e o seu volume de negocios anual ou o seu balance xeral supera os 10 millóns de euros; non pode superar o límite máximo de 250 persoas, volume de negocio anual superior a 50 millóns de euros ou balance xeral anual non superior a 43 millóns de euros.
DGIPYME desenvolveu unha ferramenta que permite ás empresas determinar se son PEME ou non, de acordo coa definición do Anexo I do Regulamento (UE) Nº 651/2014 da Comisión do 17 de xuño de 2014. Para iso deberán responder a unha serie de preguntas dun cuestionario: https://soypyme.ipyme.org/