CONNECT-19
Dende a Xunta de Galicia, no contexto da situación actual provocada pola pandemia de COVID-19, quérese dar respostas a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Neste contexto a Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración con Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) lanzan o Programa de Aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a loita contra o impacto da COVID-19: CONNECT-19
O Programa Connect-19, ten como obxectivo impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola enfermidade COVID-19.
O Programa consiste na aplicación dunha metodoloxía de aceleración de carácter práctico para posta inmediata no mercado dos produtos e servizos innovadores fronte ao Coronavirus, baseada en 3 áreas de traballo coa empresa beneficiaria: Itinerarios personalizados, mentorización e formación transversal e capacitación.
AGROBIOTECH INNOVACION
Programa de aceleración impulsado en colaboración entre a Axencia Galega de Innovación xunto co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A (Tecnópole)
O Programa Agrobiotech Innovación está destinado á empresas xa constituídas e o seu obxectivo é favorecer o seu despegue e crecemento sostible a través da innovación. É un programa de aceleración especialmente dirixido ao impulso e o crecemento sostible das pemes innovadoras galegas en tres sectores estratéxicos: biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa.
BUSINESS FACTORY AUTO
Programa promovido pola Xunta de Galicia, a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia ( CEAGA), o Grupo PSA e o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV). O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento,contribuíndo así a fortalecer o posicionamento do Sector e a incrementar a súa proxección internacional.
Business Factory Food (en diante, BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia. A súa misión é acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.
Trátase dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XesGalicia) e da Axencia Galega de Innovación (GAIN), conta coa dinamización do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), e de grandes empresas tractoras do sector como: Grupo Calvo, Grupo Nova Pescanova, Adegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Cravo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Nuñez, así como outras entidades colaboradoras do sector.
Retos: BFFood é unha aceleradora caracterizada, entre outros elementos, por estar baseada en retos definidos polo sector conforme a necesidades de mercado, o que asegura a relevancia e potencial comercial dos proxectos.
Máis información
No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal