Axudas de apoio á etapa predoutoral

Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 30/01/2019
Código de procedemento: IN606A
Prazo de presentación de solicitudes: 31/01/2019 a 28/02/2019

Cal é o obxecto desta axuda?

A contratación de persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores/as nos centros que se detallan no apartado seguinte en dúas modalidades:

  • Modalidade A: axudas de tres anos de duración destinadas ao apoio á etapa predoutoral para persoal investigador que desenvolva un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3.
  • Modalidade B: axudas de tres anos de duración de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral, mediante as que se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.

Para ambas as modalidades prevese a posibilidade de realizar estadías de 3 meses de duración no estranxeiro.

Quen pode solicitar estas axudas?

Gain financia aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financia ás universidades do Sistema Universitario Galego (en adiante SUG).

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100%
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos
  • Orzamento total: 7.563.000 euros (a achega por parte da GAIN será de 768.000 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades, para o antedito período, será de 6.795.000 euros).

Número e importe das axudas

  • O número e importe máximo das axudas concedidas para o financiamento dos contratos laborais (incluíndo os seus custos sociais) é o seguinte:
    • Modalidade A: 57 axudas (a previsión inicial é de 50 axudas para o SUG e 7 para as demais entidades). O importe máximo de cada axuda é de 23.500 € anuais.
    • Modalidade B: 43 axudas (a previsión inicial é de 40 para o SUG e 3 para as demais entidades). O importe máximo de cada axuda é de 20.500 € anuais.

En ambas as dúas modalidades prevense os seguintes importes adicionais:

  • Estadías opcionais de tres meses de duración no estranxeiro:
    • Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
    • Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá.
    • Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
  • Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda, nas dúas modalidades, para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

A onde acudir?

  • Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes s/n
15702 – Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

  • Para solicitudes presentas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

Documentación e ligazóns

Máis información

  • No enderezo electrónico axudas.gain@xunta.gal
  • No teléfono 881 999 213