Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE)

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE).
Unha maneira de facer Europa.


Eixo Prioritario/Obxectivo Temático 01: Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Obxectivo Específico 1.2.1: Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á Compra Pública de Innovación (CPI).

Actuación: Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda para a Compra Pública de Innovación (FID).

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía y Competitividad, a Axencia Galega de Innovación e a Axencia para a Modernización Tecnológica de Galicia para o proxecto “Civil UAVs Initiative” (18/07/2016)

  • Obxecto do convenio: o obxecto do presente convenio é establecer a colaboración entre as partes para contribuír á mellora dos servizos públicos, a través do fomento da innovación empresarial, mediante a selección do proxecto “Civil UAVs Initiative” para o seu cofinanciamento polo FEDER 2014-2020.
  • Importe total: o importe total do proxecto “Civil UAVs Initiative” ascende a 24.000.000 €. De dito importe, finánciase con fondos FEDER 2014-2020 un 80% (19.200.000 €) e o 20% restante (4.800.000 €) é a aportación nacional a través da Xunta de Galicia.

Licitacións de CPI que se desenvolven no marco do convenio:

  • Xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAVs, Terra-1
    • Adxudicatario: UTE Ingeniería Insitu, Cartogalicia e Sixtema.
    • Importe: 418.455 euros.
    • Obxecto: Desenvolvemento dunha plataforma que permita a integración de todos os datos xeorreferenciados capturados, tanto os obtidos a partir de sensores transportados por UAVs, como os procedentes doutras fontes (satélites e aerotransportados), co fin de que sexan accesibles e consultables de forma sinxela polos distintos usuarios de aplicacións que precisen de información xeográfica, tanto dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia como dos técnicos e cidadáns en xeral.
  • Adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados, Terra-2
    • Adxudicatario: UTE Eptisa Tecnologías de la Información, Ceres Gestión Sectorial e Services Research & Mapping Consulting.
    • Importe: 1.379.997,86 euros.
    • Obxecto: Deseño e desenvolvemento dunha solución que facilite e automatice a elaboración e edición de bases topográficas e cartográficas a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs co fin de modelizar e dixitalizar o territorio.
  • Seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados, Terra-3
    • Adxudicatario: UTE: Centro de Observación y Teledetección Espacial (Cotesa), Altia Sistemas e Aeromedia UAVS.
    • Importe: 1.275.945 euros.
    • Obxecto: Conxunto de aplicacións que faciliten e automaticen a elaboración de información sobre coberturas e usos do solo e dean apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados por UAVs.
  • Solucións para xestión e control forestal mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados, Terra-4
    • Adxudicatario: Pendente de adxudicar.
    • Importe: 1.149.500 euros.
    • Obxecto: Desenvolvemento de aplicativos para a xeración de información xeorreferenciada sobre a masa forestal (tipoloxía, crecemento, evolución, etc.), a situación fitosanitaria dos bosques e o uso e características do solo forestal.
  • Servizo de reforzo da seguridade marítima da flota pesqueira galega e do seguimento da súa actividade mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados, Mar-1
    • Adxudicatario: UTE Imatia Innovación, S.L. – Cartogalicia, S.L. – Industrias Ferri, S.A.
    • Importe: 1.486.377,39 euros.
    • Obxecto: O obxecto desta licitación é a creación, calificación e posta en operación dunha solución que permita dotar aos organismos da Administración galega responsables do control da flota pesqueira, dun servizo mellorado que dea resposta, de maneira conxunta, a dúas necesidades da flota pesqueira con porto base en Galicia: Mellora da seguridade da flota, mediante un sistema de monitorización continua; seguimento da actividade pesqueira e do cumprimento das condicións de traballo da flota.
  • Servizo de automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados, Mar-2
    • Adxudicatario: UTE Adantia, S.L. – Indra Sistemas, S.A. – Soluciones y Proyectos de Información, S.L. (Sixtema).
    • Importe: 2.450.000 euros.
    • Obxecto: Deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita dotar aos organismos da Administración galega, responsables do control das distintas masas de auga, dun servizo mellorado de mostraxe e recollida de datos, baseado nas novas tecnoloxías e no uso de vehículos autónomos aéreos e acuáticos.
  • Xestión e seguridade de tráfico para espazos aéreos compartidos, Aire
    • Adxudicatario: Boeing Research and Technology Europe, S.L.U.
    • Importe: 6.050.000 euros.
    • Obxecto: Procura de solucións innovadoras e creación de equipos, tecnoloxías e sistemas que, embarcados nos UAV ou integrados en infraestruturas de terra, permitan mellorar a resposta aos retos de seguridade na operación de UAV.



(Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)(Ministerio de Ciencia e Innovación)