Gañadores ERC

Aqueles investigadores beneficiarios dunha axuda ERC, poderán acceder aos servizos que OPORTUNIUS ofrece, para garantizar as mellores condicións de desenvolvemento, tanto do proxecto gañador ERC, como da súa carreira investigadora nunha institución de acollida de Galicia

Contrato de Investigador Distinguido

OPORTUNIUS ofrece un marco laboral estable a través dun Contrato de Investigador Distinguido. Aqueles investigadores que manteñan uns altos niveis de calidade científica e de excelencia investigadora terán asegurada, superando as avaliacións establecidas, a súa permanencia en OPORTUNIUS.

Convocatorias Oportunius

  • Decreto 64/2016 – Decreto polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador pola Axencia Galega de Innovación.
  • Orde de desenvolvemento do Decreto 64/2016. Próxima publicación.
  • Convocatoria 2016 – Tres postos de persoal investigador – beneficiarios de Grants ERC.