Finalistas ERC

Aqueles investigadores que resultaran finalistas no proceso de avaliación dunha convocatoria do ERC (superar algunha das fases de avaliación) poderán acceder aos beneficios que OPORTUNIUS ofrece para incrementar as posibilidades de éxito en futuras convocatorias.

Apoio económico á investigación

Apoio económico dun ano para investigadores que se presentasen a unha convocatoria do ERC a través dunha institución de acollida de Galicia e que obtivesen un A como valoración, aínda que sen financiamento, e para aqueles que superasen a primeira fase de avaliación da convocatoria.

Condicionado a presentarse á seguinte convocatoria posible.

Asesoría individual para presentación candidatura a convocatoria ERC

Acceso a un servizo de asesoramento persoalizado para presentar unha nova candidatura á seguinte convocatoria posible, tras unha avaliación de expectativas.

Os investigadores finalistas que desexen acceder a este servizo, simplemente terán que cubrir un cuestionario preliminar e envialo a oportunius.gain@xunta.es.