Impulsamos o talento investigador excelente

OPORTUNIUS é un programa da Xunta de Galicia orientado a impulsar o talento investigador de excelencia en Galicia abrindo novas oportunidades para xerar, reter e atraer investigadores excelentes que queiran desenvolver a súa actividade na rexión.

Diríxese a investigadores que conseguiron financiamento do Consello Europeo de Investigación [ERC], que resultaron finalistas no proceso de avaliación ou que conten cunha traxectoria investigadora con alto potencial e desexen presentarse ás convocatorias do ERC e continuar desenvolvendo súa carreira científica en Galicia.

Que son as axudas ERC (Grants ERC)?

Concedidas dende 2007 polo Consello Europeo de Investigación [ERC], as axudas ERC financian a longo prazo proxectos de investigadores excelentes e dos seus equipos de investigación co obxectivo de que leven a cabo unha investigación innovadora e potencialmente moi rendible, pero de alto risco. Actualmente, as axudas ERC están contempladas no piar da Ciencia Excelente do programa europeo de I+D+i Horizon 2020.

Dende 2007, máis de 300 investigadores en España obtiveron unha axuda do ERC, 12 deles en Galicia (Galicia ocupa a 5ª posición). A través de OPORTUNIUS, Galicia aspira acadar unha mellor posición en España e en Europa, constituíndose como un destino atractivo para a ciencia excelente. O programa busca atraer e impulsar o talento investigador e situar a I+D+i galega na vangarda internacional, contribuíndo así aos retos establecidos na Estratexia de Especialización Intelixente e na Axenda da Competitividade Industrial Galicia – Industria 4.0.

Os 3 piares de OPORTUNIUS

Un itinerario para cada tipo de investigador, cun mismo obxectivo: Ciencia excelente en Galicia.

Que ofrece OPORTUNIUS

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación investirá 5 millóns de euros ata o 2020 no programa, establecendo as mellores condicións para que os investigadores desenvolvan a súa carreira en Galicia a través de distintas liñas de apoio:

  • Finalistas ERC
    • Apoio económico á investigación. Dotación de recursos a través dun convenio coas institucións de acollida en Galicia para apoiar a actividade daqueles investigadores finalistas en convocatorias do ERC.
  • Candidatos ERC
    • Formación e asesoramento. Para presentarse aos distintos esquemas do ERC para investigadores que acrediten o seu potencial e talento investigador.