Rede PI+D+i

A Rede PI+D+i é a Rede de Puntos de Información sobre Actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (PI+D+i) coordinada polo Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) da que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) forma parte como nodo 2 coordinador autonómico para Galicia.

Esta rede ofrece un servizo de información e asesoramento dende o que as empresas e emprendedores poden solicitar asesoramento personalizado sobre os instrumentos de financiamento que máis se axustan ás súas necesidades e proxectos, no ámbito da I+D+i.

Se tes un proxecto innovador podes solicitar asesoramento cumprimentando o seguinte formulario telemático e achegándonos a documentación que estimes oportuna para valorar a iniciativa.

O citado formulario está dividido en dous bloques de información:
1.Datos de identificación do solicitante (para identificalo e poder enviarlle o resultado do servizo de asesoramento)
2.Descrición e clasificación da consulta (pode adxuntar os documentos que estime oportunos)

Asemade, o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) dispón dun servizo de asesoramento específico para os instrumentos financeiros e servizos propios do Centro, do que podes obter máis información na páxina web de CDTI. Este servizo de asesoramento experto para a identificación de ideas innovadoras, o estudo do seu encaixe nos instrumentos financeiros e servizos do Centro e o apoio na elaboración da proposta, está dispoñible durante todo o ano e pode solicitarse a través de distintas canles: por correo electrónico, solicitude online ou talleres informativos.