Centros da Axencia

Dende o 1 de xaneiro de 2014 a Axencia Galega de Innovación conta cun centro de innovación e servizos propio: o CIS Tecnoloxía e Deseño situado en Ferrol.

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño

O centro inicia a súa actividade en 1995 e a súa misión é aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento.

Ademais de participar en proxectos de I+D a nivel rexional, nacional e europeo, o centro presta servizos a empresas de diferentes sectores como o da automoción, naval, audiovisual, enerxético etc.

Sitio web do CIS-Tecnoloxía e Deseño